A Xunta aposta por "unha Galicia máis inclusiva" con medidas que atendan a discapacidade

Feijóo asegura que resulta imprescindible fomentar o acceso ao emprego, un ámbito no que Galicia se converteu "na Comunidade de referencia a nivel nacional".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2019 | Actualizada ás 15:36

Comparte esta noticia

O Goberno galego mostrou a súa aposta por crear "unha Galicia máis inclusiva" na próxima decada a través de medidas que atendan á discapacidade, entre as que destaca fomentar o emprego de persoas con capacidades diferentes para conseguir a "plena inclusión".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asistiu este sábado á celebración do 40 aniversario da Federación de Asociacións en favor das persoas con dispacidad intelectual de Galicia (Fademga) para recalcar o "compromiso" do seu Goberno coas persoas con discapacidade.

Este apoio reflectiuno no orzamento que destinará a Administración autonómica para a atención á discapacidade, un total de 115 millóns de euros, "a partida máis alta da historia de Galicia", subliñou.

Ao tempo, tamén resulta imprescindible fomentar o acceso ao emprego, un ámbito no que Galicia se converteu "na Comunidade de referencia a nivel nacional" na integración de persoas con discapacidade intelecual, transmitiu.

Neste sentido, a Administración sacará en 2020 novas probas de Oferta Pública de Emprego (OPE) destinado a este tipo de potenciais traballadores. Esta será a segunda convocatoria de emprego para a inclusión, despois da ofera de 2016 de 30 prazas de celador no Servizo Galego de Saúde.

Ademais, Feijóo cre que "o compromiso crecente por parte da sociedade galega" non só percíbese no sector público, senón tamén na "iniciativa privada" a través dos 40 millóns de euros que a Xunta destina anualmente ás empresas para "avanzar no emprego inclusivo".

"No últimos cinco anos, o número de persoas con discapacidade que traballa en Galicia creceu un 75%, unha crifra que contrasta co 22% de incremento da media nacional" precisou. "Xa hai máis de 25.000 persoas con discapacidade que forman parte da poboación ocupada".

Por outra banda, as 2.300 de prazas públicas nos centros residenciais ou o crecemento exponencial da rede de servizos de atención temperá, tamén foron algunhas das cuestións que Feijóo non quixo pasar por alto nesta xornada. Sobre Fademga ha destaado o seu labor, que segue sendo "tan indispensable hoxe como en 1979", cando naceu.

APOIO DO PARLAMENTO GALEGO

Tamén neste acto conmemorativo, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, apuntou ao "compromiso" da Cámara galega coa "discapacidade", que se "acredita pola vía dos feitos".

Respecto diso, Santalices lembra que o seu compromiso se ratifica "máis aló da función propiamente lexislativa ou da actividade da Comisión especial non permanente para o seguimento das políticas relacionadas coa discapacidade".

No Parlamento a aposta pola "integración" é visible na "colaboración" con diferentes entidades que operan no ámbito da discapacidade en Galicia, a sinalización orientada ás persoas con trastorno espectro autista, a interpretación dos plenos da Cámara con lingua de signos e na complexa intervención programada para mellorar a accesibilidade do Pazo do Hórreo.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no 40 aniversario de Fademga. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no 40 aniversario de Fademga. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Eduardo

Feijóo, dile eso a un discapacitado gallego con una pensión no contributiva de 392 euros al mes. A ti lo que te importa es Cataluña.