Buscan unha muller de 36 anos que desapareceu o sábado en Ordes

Ánxela Blanco mide entre 160 e 165 centímetros, é de complexión delgada, pelo moreno, rizado e viste unha chaqueta verde, pantalón negro, calcetíns de cores por encima do pantalón e uns zapatos con detalles vermellos e rosas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2019 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

Unha muller desapareceu a mañá do sábado no municipio coruñés de Ordes, no que foi vista por última vez antes de que os seus familiares alertasen á Garda Civil e á Policía da súa desaparición.

Segundo informou un membro de Protección Civil do municipio a Europa Press, a muller ten 36 anos, chámase Ánxela Isabel Blanco Lesta e as forzas e corpos de seguridade do Estado búscana desde a pasada xornada.

A mañá deste domingo volvéronse a retomar os labores de procura, pero polo momento non atoparon ningún indicio que os leve ao seu posible paradoiro. A esta hora da mañá o operativo céntrase na parroquia de Santa Cruz de Montaos, no concello de Ordes, e na zona limítrofe do municipio de Oroso.

Segundo publica SOS Desaparecidos, Ánxela mide entre 160 e 165 centímetros, é de complexión delgada, pelo moreno, rizado e viste unha chaqueta verde, pantalón negro, calcetíns de cores por encima do pantalón e uns zapatos con detalles vermellos e rosas.

Buscan a unha muller desaparecida en Ordes, A Coruña, Ánxela Isabel Branco Lesta. SOS DESAPARECIDOS
Buscan a unha muller desaparecida en Ordes, A Coruña, Ánxela Isabel Branco Lesta. SOS DESAPARECIDOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta