Aparece a muller de 36 anos que desapareceu o sábado en Ordes

Está "consciente e fisicamente ben".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2019 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

A muller que desaparecera a mañá do sábado no municipio coruñés de Ordes foi atopada na parroquia de Santa Cruz de Montaos, tamén sita en Ordes, ao fío das 11,00 horas deste domingo.

Segundo confirmaron fontes da Policía Local da localidade a Europa Press, os efectivos que participaban no operativo de procura atoparon a Ánxela Isabel Blanco Lesta "consciente e fisicamente ben" esta mañá.

A muller desapareceu o sábado, por mor dun brote psicótico do que avisaron os familiares aos servizos de emerxencias cando deron a voz de alarma. A Policía Local e a Garda Civil empezou a buscala na mesma xornada do sábado, cesaron a procura pola noite e esta mañá renovárona xunto con membros de Protección Civil e veciños da zona.

Diversas fontes explicaron que Ánxela pasou a noite á intemperie e a esta hora da mañá os servizos de emerxencia desprazáronse ata o lugar no que foi atopada para prestarlle auxilio.

Con todo, "a situación aínda está sen controlar" e os axentes traballan para convencela de saír dese lugar e que acepte subirse a unha ambulancia. "Presenta algúns signos de hipotermia e frío", pero "está fisicamente ben", manifestou un membro de Protección Civil.

Concello de Ordes
Concello de Ordes | Fonte: Concello de Ordes

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta