Estudan a viabilidade de modificar o código penal para que as agresións a xornalistas sexan consideradas agravante

A rede de Colexios de Xornalistas impulsa un grupo de traballo sobre agresións a profesionais.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 18/11/2019 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

O aumento das agresións e das ameazas das que son obxecto cada vez máis profesionais da información é a razón pola que a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas decidiu crear un grupo de traballo que se dedicará a contabilizar e analizar todo tipo de agresións.

Un xornalista que non levaba chaleco identificativo é inmobilizado nunha protesta que tivo lugar en Madrid
Un xornalista que non levaba chaleco identificativo é inmobilizado nunha protesta que tivo lugar en Madrid

Paralelamente, iniciaranse os trámites e contactos necesarios para estudar a viabilidade de modificar o código penal e conseguir que a agresión a un xornalista sexa un agravante, xa que durante o seu exercicio profesional está a desempeñar unha función social. Este grupo de traballo é a fase previa á creación dun Observatorio Nacional sobre Agresións a Xornalistas, para o que se contará coa colaboración de expertos de diversas áreas e desta maneira dar respostas efectivas a este ataque ao dereito á información.

Así o decidiu a rede de Colexios de Xornalistas reunida esta fin de semana en Madrid, que abordou tamén os vetos dos que son vítimas tanto xornalistas como medios de comunicación. Sobre este punto, traballarase para que estes "vetos sexan ilegais, como acontece por exemplo durante a campaña electoral". O obxectivo da Rede é que esta protección que teñen os xornalistas non sexa efectiva só durante a campaña electoral senón  que teña un carácter xeral.

Así mesmo, a Rede acordou organizar para 2020 unha convención de xornalismo na que a través de diferentes mesas redondas e conferencias se dará protagonismo a temáticas de especial interese para a profesión.

En relación á creación do futuro Consello Xeral de Colexios de Xornalistas, decidiuse comezar a redactar o borrador dos estatutos deste Consello. A este respecto, unha vez se forme o Goberno, os integrantes da Red reuniranse cos grupos políticos di Congreso dos Diputados para que reactiven a proposición de lei para a creación do devandito Consello, que decaeu ao finalizar anticipadamente a lexislatura en 2018.

Por outra banda, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas designou aos representantes que formarán parte, xunto a outros axentes, do grupo de traballo sobre Suicidio e Medios de Comunicación impulsado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.

Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas constituíuse o 14 de xuño de 2018 e está formada polos nove colexios profesionais de xornalistas que actualmente existen en España (Andalucía, Asturias, Castela e León, Cataluña, Galicia, A Rioxa, Murcia, Navarra e o País Vasco).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Xavolve

La Coz a Galicia, El Retroceso, Fora de Vigo, etc tamén entran na categoría de xornalistas ou son parte fas forzas e corpos de seguridade do estado?

1 Pulitzer

Os plumíferos a soldo tamén entran no grupo???