O alcalde de Pontevedra acudirá como relator ao Cume do Clima en Madrid

A invitación parte do Ministerio de Fomento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2019 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, participará como relator no Cume do Clima que Nacións Unidas celebrará en Madrid entre os días 2 e 13 de decembro.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, nunha entrevista con Europa Press.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, nunha entrevista con Europa Press.

A concelleira de Promoción da cidade e portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías, anunciou este martes que Pontevedra foi convidada oficialmente para participar neste evento que reunirá na capital española a países de todo o mundo para debater sobre a actual situación de emerxencia climática e adoptar medidas para combatela.

Pontevedra xa participara hai catro anos no último cume mundial polo clima impulsado pola ONU, celebrado en París en decembro do 2015.

Anabel Gulías destacou a "grande alegría" que supón esta invitación para o goberno municipal e recoñeceu que a noticia supuxo unha "certa sorpresa", xa que a invitación parte do Ministerio de Fomento español, cuxa subdirectora xeral de Urbanismo trasladou a invitación telefonicamente este mesmo martes, tras o que obtivo resposta afirmativa.

"Estamos gratamente sorprendidos de que Fomento pensase en nós", sinalou a portavoz do goberno municipal. "É unha boísima noticia para a cidade que cando se pensa en cidades contra o cambio climático se mire cara a Pontevedra", apostilou.

Miguel Anxo Fernández Lores participará nunha mesa redonda que analizará diferentes modelos urbanos, no marco deste Cume do Clima.

Para a edil nacionalista a transformación urbana de Pontevedra recibe esta invitación porque é vista como unha "garantía" para lograr un ecosistema urbano "máis sustentable" desde o punto de vista ecolóxico e, ademais, polos "beneficios sociais" que ten para a convivencia no "hábitat natural da xente", que son as cidades.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 adela

.....e Abel Caballero vai ser convidado por Donald Trump como poñente de como contaminar e derrochar mais no Nadal.....