O PP rexeita implantar un "catálogo de servizos mínimos" nos hospitais comarcais

Os populares cren que a proposta non solucionaría os problemas, que vincularon á "falta" de profesionais nalgunhas especialidades.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2019 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

O Partido Popular rexeitou unha proposta dos socialistas galegos que pedía implantar un catálogo de servizos mínimos que determine aqueles que deben ser ofrecidos en todos os centros hospitalarios de Galicia, incluídos os comarcais.

A proposición non de lei foi defendida este mércores no pleno da Cámara galega polo deputado do PSdeG Julio Torrado, quen asegurou que "non se trata de levar todo a todos os sitios" senón de que existan determinadas prestacións, "aquelas que máis se usan".

Segundo explicou Torrado, este catálogo de servizos básicos debería contemplar aqueles "máis demandados". "É máis demandado un servizo de cardioloxía que algún servizo de medicina de precisión", recoñeceu o parlamentario do PSdeG, que destacou que iso permitiría que "os maiores teñan cardiólogos, neumólogos e servizos de trauma que os poidan atender" sen necesidade de realizar grandes desprazamentos.

Todo iso nunha intervención na que lembrou as protestas de profesionais ante o Hospital de Verín para denunciar o "desmantelamento" que, segundo criticou, está a producirse na "extinta área sanitaria da comarca" e que obriga aos pacientes a realizar desprazamentos a Ourense. Aínda que non saíu adiante polo rexeitamento do PP, a iniciativa contou co apoio dos restantes grupos da oposición. 

Hospital Comarcal de Valdeorras.
Hospital Comarcal de Valdeorras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta