Marea Atlántica apoiará o orzamento da Deputación da Coruña para 2020

Aseguran desde o partido político que o seu respaldo a unhas contas por importe de 184 millóns de euros "significará aumentar un 20% os fondos para o mantemento das estradas provinciais e para obras e equipamentos financiados co Plan Único"

Por E.P. | A CORUÑA | 20/11/2019 | Actualizada ás 15:55

Comparte esta noticia

Marea Atlántica apoiará o orzamento da Deputación da Coruña para 2020 --que se debaterá en pleno este xoves-- tras incorporarse as súas propostas, segundo informa. O portavoz de Marea Atlántica, Alberto Lema, e o deputado de Facenda, Antonio Leira, subscribiron un acordo que incorpora as propostas do partido instrumental pola vía dos modificativos de crédito.

Desde Marea Atlántica, aseguran que o seu respaldo a unhas contas por importe de 184 millóns de euros "significará aumentar un 20% os fondos para o mantemento das estradas provinciais e para obras e equipamentos financiados co Plan Único". En concreto, Lema asegura que "dentro da escasa marxe de manobra que deixa a 'lei Montoro', a falta de orzamentos do Estado e os baixos índices de execución de anos anteriores, os modificativos ofrecen a posibilidade de mellorar e atender as demandas dos concellos".

Ademais, o acordo inclúe a creación dunha convocatoria aberta para fomentar a investigación no ámbito da transición enerxética; a mobilidade sustentable; o mar e cambio climático e o patrimonio inmaterial. Tamén se recolle o compromiso de estender o Camiño dos Faros, coa pretensión de incluír a Torre de Hércules.

O deputado provincial de Facenda, Antono Leira, e o de Marea Atlántica, Alberto Lema,  asinan un acordo para o apoio aos orzamentos de 2020. MAREA ATLÁNTICA
O deputado provincial de Facenda, Antono Leira, e o de Marea Atlántica, Alberto Lema, asinan un acordo para o apoio aos orzamentos de 2020. MAREA ATLÁNTICA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta