As casas 'niño' galegas contarán cun anticipo do 75% da subvención autonómica

Coa convocatoria deste ano engadiranse outras 15 ás 60 que xa están en funcionamento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2019 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

O Goberno galego incrementou, ata o 75 por cento, o anticipo orzamentario que tiña previsto adiantar respecto a subvención anual para as casas 'niño'.

A partir de agora, os titulares de casas 'niño' recibirán un anticipo da Xunta do 75%, mentres que antes o mesmo adianto correspondía ao 35% da inxección monetaria pola actividade anual destes centros.

Segundo un comunicado da Administración autonómica, este crédito pretende dar "maior liquidez e flexibilidade económica" a estes locais, que ofrecen un servizo gratuíto "de conciliación" para as familias do rural galego.

Nelas tamén se incopora a obrigatoriedade de que todos os usuarios cumpran co calendario de vacinación infantil e a admisión nas mesmas está suxeita a varios criterios de prioridade.

Entre eles atópase: que os menores estean empadroados no concello no que se atopa o centro, varemos de renda e a situación familiar e laboral ou académica dos titores solicitantes.

15 NOVAS CASAS PARA 2020

A día de hoxe Galicia conta con 60 'casas niño' en funcionamento e coa convocatoria deste ano engadiranse outras 15 ao programa público. Catro situaranse na provincia da Coruña, outras tantas en Lugo, unha en Pontevedra e seis en Ourense.

Precisamente no concello ourensán da Veiga estivo este mércores a delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira. Alí, a representante autonómica lembrou que os orzamentos do próximo ano inclúen unha partida de 620.000 euros para abrir 'casas niño' en localidades sen escola infantil nin punto de atención á infancia.

Segundo Díaz, estes centros "favorecen a equidade no acceso aos servizos, impulsan en autoemprego e a economía social, contribúen á dinamización dos núcleos rurais e axudan á fixación de poboación no territorio".

Feijóo prevé que Galicia teña en 2020 polo menos 76 casas niño. XUNTA
Feijóo prevé que Galicia teña en 2020 polo menos 76 casas niño. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta