A Deputación da Coruña licita as obras da travesía da Ponte do Porco en Camariñas

O presidente da Deputación pediu desculpas polo atraso no inicio duns traballos que xa estaban adxudicados, pero que se volveron a licitar por un erro na tramitación do proxecto.

Por E.P. | A CORUÑA | 20/11/2019 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña licitará de novo as obras da travesía da Ponte do Porco en Camariñas, á vez que acometerá unha segunda fase, segundo informa o organismo provincial.

Así o trasladou tamén o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, na súa visita a este municipio, onde participou, xunto á alcaldesa, Sandra Insua, e os deputados José Manuel Pequeno e José Ramón Rioboo, nunha reunión con veciños para explicar os atrasos que afectan as obras de acondicionamento e mellora da travesía.

Formoso comunicou que, o pasado venres, a Deputación da Coruña publicou de novo, na Plataforma de Contratación do Estado, o anuncio de licitación pública das obras de acondicionamento desta travesía.

No encontro, o presidente da Deputación coruñesa pediu desculpas polo atraso no inicio duns traballos que xa estaban adxudicados, pero que se volveron a licitar por un erro na tramitación do proxecto. Ademais, avanzou que o servizo de Vías Obras terminou a redacción do proxecto técnico para a segunda fase das obras.

O presidente da Deputación da Coruña,  Valentín González Formoso, reúnese con veciños de Camariñas. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reúnese con veciños de Camariñas. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta