A Xunta subliña a importancia da concienciación social para erradicar a violencia machista

A secretaria xeral de Igualdade puxo en valor medidas como as axudas a menores orfos ou a implantación de primeira vivenda tutelada para vítimas con enfermidade mental.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2019 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, subliñou a importancia da concienciación social para erradicar a violencia machista durante a apertura dunhas xornadas en Ames.

No IX Xornadas de Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero de Ames, López Abella destacou que o Goberno galego implantou este ano medidas pioneiras como as axudas a menores orfos ou a implantación de primeira vivenda tutelada para vítimas con enfermidade mental.

Na súa intervención, a secretaria xeral de Igualdade puxo en valor os acordos asinados entre consellerías para actuar de forma transversal na Xunta no marco do pacto contra a violencia machista.

Nesta liña, lembra que Galicia é a única comunidade que conta cunha prestación económica periódica operativa durante todo o ano, que este exercicio inclúe como beneficiarias ás vítimas de violencia vicaria, que sofren o asasinato dos seus fillos a mans do maltratador.

Fotos Xunta Sergas Xornada Miradas. Xunta de Galicia
Fotos Xunta Sergas Xornada Miradas. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta