Feijóo mantén a incógnita sobre o seu futuro

Felicitou á candidata do BNG, Ana Pontón, e tamén ao do PSdeG, Gonzalo Caballlero.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2019 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantén a incógnita sobre se volverá presentarse por cuarta vez en Galicia, mentres que optou por felicitar ao resto de candidatos que "se proclamen ou autoproclamen" na comunidade.

Feijóo, quen remitiu reiteradamente ao primeiro trimestre de 2020 para anunciar se volve ou non a optar a presidir a Xunta, felicitou á candidata do BNG, Ana Pontón, e tamén ao do PSdeG, Gonzalo Caballlero.

"Mentres sexa candidato do PSdeG", apostilou, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, antes de remarcar que a Pontón a ve como unha candidata máis segura. "Felicito a todos os que xa se proclamen, autoproclamen ou presionen ao seu partido para ser candidatos", resolveu.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, entra no hemicilo do Parlamento de Galicia. XUNTA - Arquivo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, entra no hemicilo do Parlamento de Galicia. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

este sempre de coña... non sabe, ten que pensalo, e vai polo camiño de Fraga ! Confundirse coa paisaxe e seguir privatizando Galicia ata que non quede nada que privatizar...? Case leva razón en pensar se marcha xa a recoller os Beneficios nalgún Consello de Adeministración !!!