Temas: MARISQUEO

Aprobado o decreto de marisqueo que permite faenar en datas extraordinarias como Nadal e Semana Santa

Inclúe, ademais, plans trianuais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2019 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta aprobou este xoves o decreto de marisqueo que inclúe plans trianuais e a posibilidade de faenar en festivos e sábados en datas extraordinarias como Nadal e Semana Santa.

Mariscadoras galegas
Mariscadoras galegas | Fonte: Gabriel González en Flickr.

Agora este texto, que busca actualizar unha regulación de 1993, publicarase proximamente no Diario Oficial de Galicia (DOG). O obxectivo é que o primeiro plan de xestión trianual de marisqueo de recursos xerais sexa o do período 2021-2023, mentres que o de recursos específicos sexa o dos anos 2022-2024.

Este período de tres anos considérase adecuado para observar a evolución dos recursos, polo que o decreto establece que nos próximos anos se prorrogará tanto o plan xeral de explotación marisqueira de 2019 como os plans de xestión para recursos específicos deste ano.

Para responder a iniciativas do sector como a xestión de novos recursos, novas técnicas ou zonas principais de traballo poderán aprobarse plans de xestión cunha vixencia inferior a tres anos.

Así mesmo, dentro das actividades de marisqueo inclúese o turismo mariñeiro polos pescadores en apoio do uso sustentable dos recursos.

Temas: MARISQUEO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta