Ferido un neno nun atropelo en Ferrol

O menor foi trasladado ao Hospital Arquitecto Marcide.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 22/11/2019 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Un menor resultou ferido nun atropelo rexistrado na mañá deste venres nunha rúa de Ferrol, informaron fontes da Policía Local e do 112 Galicia.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia e a Policía Local a Europa Press, o atropelo tivo lugar sobre as 9,20 horas deste venres na rúa Lepanto.

Ao lugar Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou unha ambulancia de soporte vital básico que trasladou o menor ferido o Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol.

Fontes policiais concretaron que o menor, de oito anos de idade, resultou ferido leve.

Un atropelo en Ourense
Un atropelo en Ourense | Fonte: youtube.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta