O PPdeG critica que o Goberno central "só ingresase 60 dos 700 millóns de euros que lle debe a Galicia"

"Non imos renunciar a estes 370 millóns de euros que aínda é posible transferir antes de fin de ano", sentenciou o secretario xeral dos populares en Galicia, Miguel Tellado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2019 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, criticou este venres que, a falta de menos de mes e medio para acabar o ano, o Goberno central "só ingresou o 5 de novembro no Tesouro da comunidade 60 dos 700 millóns de euros que lle debe" a Galicia, é dicir "menos do 10 por cento dos recursos" que esixe a Xunta.

En rolda de prensa, Tellado lembrou que, aínda que de aquí a final de ano se transfiran os 334 millóns das entregas a conta, "o único que o Executivo central confirmou que vai pagar supón a metade" dos 700 millóns de euros que reclama Galicia. Incidiu en que Xunta comparte "o problema" con concellos e deputacións, polo que volveu a reiterar que deberían unirse á reivindicación. Da débeda pendente, reiterou que estarían os 200 millóns de euros dunha mensualidade do IVE do ano 2017 e 170 millóns de euros por cumprir as regras fiscais.

O secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, en rolda de prensa.. PPDEG - Arquivo
O secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, en rolda de prensa.. PPDEG - Arquivo

"Non imos renunciar a estes 370 millóns de euros que aínda é posible transferir antes de fin de ano", sentenciou, antes de pedir unha reunión do Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF). Tras 16 meses sen reunirse, "é prioritario que o faga e que inclúa como solucionar este problema". "Entendemos que Pedro Sánchez está moi ocupado na negociación pola investidura xa que leva meses bloqueando este país por puro interese electoral, pero os servizos públicos de Galicia non están en funcións", avisou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta