Morre atropelada unha muller septuaxenaria no centro de Ourense

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2019 | Actualizada ás 20:24

Comparte esta noticia

Unha muller duns 70 anos faleceu na tarde deste domingo, ao fío das 18,30 horas, no centro da cidade de Ourense tras ser atropelada por un turismo.

Zona do colexio Carmelitas de Ourense
Zona do colexio Carmelitas de Ourense | Fonte: Google Maps.

Dos feitos informaron fontes da Policía Local, que explicaron que unha señora foi arroiada polo vehículo na rúa Pena Trevinca, á beira do colexio Carmelitas nunha zona moi próxima ao Centro histórico.

Aínda que os axentes están a investigar as causas do atropelo, a Policía Local precisou que se trata dunha rúa bastante céntrica transitada por peóns e coches de forma habitual.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta