A falta de atención na condución, principal hipótese dun atropelo mortal en Ourense

O condutor do turismo, un home de 75 anos, deu negativo na proba de alcoholemia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2019 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

A falta de atención na condución e as malas condicións meteorolóxicas son as principais hipóteses que barallan os investigadores do atropelo mortal dunha monxa no centro da cidade de Ourense, segundo explicaron a Europa Press fontes próximas á investigación.

En concreto, os feitos ocorreron na tarde do domingo na rúa Pena Trevinca, unha zona moi próxima ao centro histórico, cando o condutor de 75 anos, que circulaba nun Volkswagen Jetta, arroiou a muller mentres cruzaba por un paso de peóns.

"Os factores atmosféricos e as condicións meteorolóxicas de choiva no momento en que se produciron os feitos dificultan a visibilidade, sobre todo nun condutor de avanzada idade, a pesar da existencia de iluminación artificial acesa", indicaron fontes próximas.

Concretamente, o vehículo circulaba en sentido ascendente polo carril dereito da vía. O paso de peóns atópase sinalizado de maneira vertical e horizontal pero non está regulado por semáforo.

O condutor foi sometido á proba de alcoholemia na que arroxou un resultado negativo que deu unha taxa 0.0. As condicións psicofísicas do home tamén eran aparentemente normais.

Pola súa banda, a falecida de 72 anos de idade pertencía á congregación das Hijas de la Caridad de San Vicente de Paúl e era na actualidade a superiora da residencia de monxas maiores da súa compañía na rúa Ramón Puga.

Unha persoa cruza un paso de peóns, punto de numerosos atropelos
Unha persoa cruza un paso de peóns, punto de numerosos atropelos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta