Esquerda Unida avisa ao PSOE que a moción de censura en Mugardos "vai en contra" de configurar unha alternativa a Feijóo

Piden aos socialistas que retirne a moción e depuren responsabilidades cos seus concelleiros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2019 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

Esquerda Unida, formación política á que pertence a alcadesa de Mugardos, Pilar Díaz, avisou ao PSdeG de que a moción presentada neste municipio coruñés entre os edís populares e socialistas "vai en contra" do que s"e configura" no Estado co goberno de coalición e coa articulación dunha "alternativa" a Alberto Núñez Feijóo de cara ás eleccións autonómicas do próximo ano.

A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla
A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla | Fonte: Europa Press

A dirección da federación galega de EU reclama ao PSdeG que retire o seu apoio á moción de censura e "exerza as accións oportunas co fin de determinar as responsabilidades políticas e orgánicas" dos seus edís no concello da comarca de Ferrolterra.

Así, tras expresar o seu apoio á alcaldesa Pilar Díaz e o seu grupo na corporación local, Esquerda Unida considera que esta moción de censura "é dunha gravidade extrema" e "vai en contra do que se configura no Estado e da alternativa a Feijóo nas autonómicas".

"Que os socialistas asinen unha moción co PP é un un grave retroceso que nin soluciona a vida dos mugardeses nin coloca ás forzas progresistas nun escenario político propicio para as tarefas futuras", remarca a organización que encabeza a deputada autonómica Eva Solla.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gamela

e falando da TRANSPARENCIA da nova esquerda (?) o outro día tiven unha charla interesante vía RR.SS. na que se me explicaba con total claridade os motivos que tiñan os membros de EU para non facer públicas as súas contas... https://twitter.com/Son_Goanda/stat... Seica dicir o que gañas e o que doas é agora POPULISMO (?) eu sigo pensando que hai moito crédulo solto polo mundo... Para iso xa están os Marqueses de Galapagar !!! Claro que a señora Eva Solla ten bloqueada a miña conta... non vaia ser que siga falando dos seus EMOLUMENTOS !!! Manda carallo na Habana !!!

2 Consejos vendo

O que non di Eva 8000 auros ao mes Solla é que antes a súa ditadora expulsou do goberno aos do PSOE e nin sequera lles deu as competencias pactadas. EU en Común posiblemente tampouco vai ser necesaria para botar Feijóo. EU pode seguir apoiando Reganosa desde a oposición de Mugardos.

1 Gamela

Xa están sacando peito... así me gusta, bloquean as contas dos cidadáns pero negocian por baixo da alfombra... Esta é a nosa esquerda PACTOS DE SALÓN ! (non sei se estarán a vender a pel do oso antes de cazalo?)