Temas: MúSICA

Todo a punto para o festival Antrospinos 2012

Máis de 13 conxuntos músicais participarán na quinta edición do festival Antrospinos, que voltará celebrarse en Campo Maneior (Taragoña, Rianxo) o venres 27 e sábado 28 de Xullo.

Por GC Tendencias | Taragoña - Rianxo | 21/07/2012 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

O festival ANTROSPINOS ofrece alternativas para todos os gustos. O paquete completo son dous días de concertos de pago, a acampada libre e as actividades de balde á luz do día que decorreran en Campo Maneiro e arredor de Taragoña coa xa tradicional e afamada matraquillada.

Cartel desta edición de Antrospinos
Cartel desta edición de Antrospinos

A variedade tanto de estilos musicais como de propostas de ocio son o que fai de Antrospinos unha proposta integradora na que pódese atopar xente de tódalas idades e estilos. Ainda que este ano a organización se veu na obriga de ter que cobrar unha entrada para poder manter o nivel do festival e asegurar a súa continuidade no tempo, agardan unha gran asistencia de público, posto que a entrada para os dous días está a un prezo de 10€, unha aportación xusta para desfrutar dun festival que inclue a máis de 13 bandas, xantar popular, acampada de balde, matraquillada e que se desenvolve nun entorno natural espectacular.

O venres 27 as portas do recinto dos concertos abriranse ás 21h para comezar as actuacións ás 22.00h. Este día contarase coa actuación de Canteca de Macao, Bohemian Betyars, Os Cempes, Dakidarria e pecharán a noite os DZ SELECTORS que nos farán bailar ata que saia o sol.

O sábado é o día clave do Festival Antrospinos xa que haberá actividades durante toda a xornada. Polo mediodía, 13h30, empezará o xantar popular en Campo Maneiro ao que queren convidar a todos os asistentes e veciños: comer, beber e disfrutar do bo ambiente. Despois do xantar, sen perder nen un minuto, daraselle saida á MATRAQUILLADA 2012 que percorerá Taragoña facendo parada en bares, tabernas e furanchos, sempre acompañada da música de OITONUNPISO e o Cé Orquestra Pantasma.

A matraquillada ten prevista a súa chegada a Campo Maneiro por volta das 18.00, coincidindo con esta dará comezo os concertos no escenario de tarde, coas actuacións de DE L´STON (18h), Ataque Escampe (19h), Guintervan (20h), tanto a matraquillada como os concertos do escenario de tarde son gratuitos. Ao remate dos concertos no escenario de tarde disporemos de tempo para cear algo na Pulperia que se instalará en Campo Maneiro e sen enredar ás 22h.30 darán comezo os concertos no Escenario Antrospinos con: Alamedadosoulna, Kumpania Algazarra, Quempallou e Bastards on Parade, pecharán a noite BIGOTE MIX e RUMBEAT´S aos pratos! Para todos os públicos:

Matraquillada
Matraquillada

O Festival Antrospinos é o festival ideal para asistir con toda a familia, xa que hai actividades para todos os públicos durante todo o día. O Festival Antrospinos esta organizado pola asociación do mesmo nome, sento totalmente autofinanciado e tendo que asumir un custo superior aos 50.000€ polo que a colaboración da xente que asiste ao festival é fundamental, colaboran co festival: Concello de Rianxo, Deputacion da Coruña e Estrella Damm. Asi como os máis de 300 soci@s da asociación e o comercio local.

Público na edición 2011
Público na edición 2011
Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta