Temas: LEICEAGA XUNTA

Leiceaga despídese da Cámara galega

"Non é só a miña última xunta de portavoces, senón tamén a 'derradeira'", chanceou o socialista.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2019 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

O que fora candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta nas autonómicas de 2016, Xoaquín Fernández Leiceaga, despediuse este martes da Cámara galega tras asistir á xunta de portavoces que supuxo o fin da súa segunda etapa como deputado no Pazo do Hórreo.

Na rolda de prensa posterior á xunta de portavoces, Leiceaga recoñeceu que a deste martes foi a súa última tarefa como portavoz dos socialistas na Cámara antes de abandonala para representar a Galicia na próxima lexislatura da Cámara Alta como senador por designación autonómica.

Tras recibir o recoñecemento dos portavoces parlamentarios e a Presidencia da Cámara durante o pasado pleno, no que foi electo como senador, Leiceaga entregou a súa acta de deputado, que asumirá na sesión prevista para a próxima semana Encarna Liñeiro Pouso.

"Non é só a miña última xunta de portavoces, senón tamén a 'derradeira'", chanceou Leiceaga.
Cuestionado sobre a reconfiguración do Grupo Parlamentario, Fernández Leiceaga sinalou que esa tarefa corresponde ao novo portavoz "cando estea desginado ou elixido".

Xoaquín Fernández Leiceaga
Xoaquín Fernández Leiceaga

Temas: LEICEAGA XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 A cobrar

Moi ben Xocas agora a representar Galiza fortísimo votando distinto dos deputados do PSOE de CAstela La Mancha por exemplo.

1 Regalos de Tres Estalos

Como son os ex do BNG. Hoxe Leiceaga negou que Galiza sexa nación, como din os seis colegas do PsC sobre Catalunya. De noxo os falsarios que había e hai no BNG, viran a chaqueta e mudan de discurso. O que nos agarda cando Ana precise seguir alimentando á familia... Como Pablo e Irene... O PsoE agradece favores prestados!