O TSXG selecciona aos sete membros electos da súa Sala de Goberno

Nos comicios deste martes participaron 269 xuízas e xuíces de toda Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2019 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) celebrou este martes eleccións, por acordo do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), para designar aos sete membros electos da Sala de Goberno, un órgano interno dos xulgados e tribunais galegos que cumpre tarefas organizativas e administrativas.

Segundo informaron fontes do TSXG, a Sala de Goberno está formada por sete membros da xudicatura natos e por outros sete electos, ademais da secretaria de Goberno. Nos comicios deste martes participaron 269 xuízas e xuíces de toda Galicia e os elixidos son todos membros da Asociación Profesional da Magistratura (APM), engadiron.

En concreto, os membros electos deste órgano son María Teresa Cortizas González-Criado, da sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña; Germán Serrano Espinosa, do xulgado do Social número 2 de Vigo; Carmen Veiras Suárez, do Contencioso Administrativo número 1 de Santiago; e José Luís Deaño Rodríguez, do xulgado de Primeira Instancia 5 de Lugo.

Así mesmo, tamén foron elixidos Daniel Tomás López, do órgano de Primeira Instancia número 15 de Vigo; Ana Fernandez-Porto Vázquez, do xulgado de Instrución número 3 de Carballo e Sonia Rey Salgueiro, do xulgado Mixto número 1 de Cambados.

Sede do Tribunal Superior de Xustiza. EUROPA PRESS - Arquivo
Sede do Tribunal Superior de Xustiza. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta