As tres universidades galegas comprométense co cumprimento da Axenda 2030

O vicepresidente da Xunta apela á implicación de todas as administracións e institucións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2019 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

As tres universidades galegas asinaron este mércores unha declaración de compromiso cos dos obxectivos de desenvolvemento sustentable fixados na Axenda 2030 das Nacións Unidas.

A rúbrica da Declaración enmárcase na celebración estes días na Universidade de Santiago de Compostela (USC) do VIII Congreso Universidade e Cooperación ao Desenvolvemento. No acto no que as institucións asinaron os seus compromisos participaron o reitor da USC, Antonio López; a vicerreitora de Internacionalización e Cooperación da Universidade da Coruña (UDC), Pilar García de la Torre; e o vicerreitor de Planificación e Sustentabilidade da Universidade de Vigo (Uvigo), José Luís Míguez. Ademais, asistiu o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a Alta Comisionada para a Axenda 2030, Cristina Gallach.

Precisamente, segundo destacou a Xunta nun comunicado, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, apelou á implicación de todas as administracións, institucións e conxunto da sociedade á hora de avanzar na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sustentable fixados na Axenda 2030 das Nacións Unidas.

Ademais, destacou que o Goberno galego está plenamente comprometido con estes obxectivos. Para iso, sinalou que xa tomou varias medidas como a elaboración dun estudo para a implementación da Axenda 2030 na Xunta ou a constitución dunha Comisión Interdepartamental de Seguimento para manter a coherencia entre as accións de goberno e os obxectivos de desenvolvemento sustentable.

As tres universidades galegas comprométense co cumprimento da Axenda 2030. XUNTA
As tres universidades galegas comprométense co cumprimento da Axenda 2030. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta