O 97% das bases de Galicia en Común apoian o acordo de goberno entre PSOE e Unidas Podemos

A confluencia galega de Unidas Podemos podería situar de ministra a Yolanda Díaz.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2019 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

O 96,81% dos participantes na consulta entre as bases de Galicia en Común expresaron o seu apoio ao acordo para a formación dun goberno de coalición no Estado entre o PSOE e Unidas Podemos.

A coalición electoral entre Podemos Galicia e Esquerda Unida deu a coñecer os resultados da consulta ás bases sobre o acordo asinado o pasado 12 de novembro polos líderes do Partido Socialista, Pedro Sánchez, e Unidas Podemos, Pablo Iglesias.

Segundo informa Galicia en Común, que non conta con censo propio, na consulta participaron 7.385 militantes, inscritas e simpatizantes da coalición a través das súas respectivas organizacións.

Así, no proceso producíronse 7.124 votos a favor, o 96,8 por cento, mesma porcentaxe alcanzada polo 'si' na consulta realizada a nivel estatal por Podemos. Un total de 199 persoas se monstraron contrarios ao acordo de coalición.

"Os resultados da consulta marcan unha liña clara que aposta por un Goberno progresista no que En Común teñan un papel decisivo para defender as políticas das maiorías sociais deste país", sinala En Común, que conta con dous deputados no Congreso. De feito, a confluencia galega de Unidas Podemos podería situar de ministra a Yolanda Díaz.

Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino durante a presentación do programa.. GALICIA EN COMÚN
Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino durante a presentación do programa.. GALICIA EN COMÚN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Gamela

Galicia en Común, que non conta con censo propio NIN ALLEO ! A ver cando podemos saber exactamente o número real de persoas que están inscritas en PodemosGalicia e cantas están inscritas en EsquerdaUnida (alias PCG) ! As porcentaxes as carga o diaño !!!

1 Luou

Yoli e Tone abstiveronse hoxe na votación da lei mordaza dixital. Se cadra prefiren ter todo baixo o seu control aínda que o seu twitter non o teña, verdade Tone? O réxime do 78 do ppsoe e cspodemosvox quere censura pura e dura.

1 Sentidiño

Hoxe abstivéronse no "Decretazo dixital", que é unha nova Lei mordaza. Vai ser moi simpático que a policía os deixe sen cobertura na próxima acampada en Sol...

1 Sentidiño

...e o defensor desta covardía contra a liberdade das comunicacións, como portavoz de PodemosEspaña na Comisión permanente do Congreso, foi un tal Tone Gómez Reino. Isto é o que podemos esperar da coalición de goberno?