Imputado o irmán do loteiro da Primitiva sen dono da Coruña, que é o delegado de Loterías del Estado na provincia

Ademais hai outros tres cargos de Loterías del Estado, entre os investigados.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/11/2019 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

O número de investigados polo caso do boleto da primitiva sen dono da Coruña --por importe de 4,7 millóns-- elévase xa a seis, ao figurar tamén catro cargos de Loterías y Apuestas do Estado, segundo confirmaron a Europa Press fontes xudiciais.

Entre eles, están, ademais do loteiro que dixo atopar o boleto premiado --e no que recaería o premio de non localizarse ao verdadeiro dono-- e o seu irmán, o delegado de Loterías e Apostas do Estado da Coruña, catro persoas máis, con cargos neste organismo. "Polo menos no momento dos feitos", precisaron as mesmas fontes.

A maxistrada que instrúe o caso citaría para esta mesma semana a declarar, como investigados por estafa cualificada, ao loteiro e ao seu irmán por uns feitos que se remontan ao ano 2012. Tamén citaría aos representantes de Loterías del Estado, en condición, como os anteriores, de investigados.

Por este caso, ao ano seguinte de selarse o boleto, o Concello da Coruña puxo en marcha un "expediente de achado" para buscar ao gañador do billete premiado, que o loteiro dixo atopar na súa administración da praza de San Agustín.

Con posterioridade, os feitos deron orixe a unha investigación policial. Nela, cuestionouse a versión facilitada polo loteiro sobre o achado casual do boleto premiado, sen descartar posibles responsabilidades por parte do seu irmán e de representantes de Lotarías do Estado.

La Primitiva
La Primitiva

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta