Recuperar a Casa Cornide da familia Franco, principal obxectivo do Consello da Memoria Democrática da Coruña

Tamén se aosta pola supresión da simbiloxía franquista.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/11/2019 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

O Consello da Memoria Democrática da Coruña fixouse como prioridade recuperar a Casa Cornide, inmoble en mans da familia Franco, segundo informa o goberno local tras a reunión desta entidade.

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de constitución do novo Consello que continuará cos traballos iniciados no anterior mandato de supresión da simboloxía franquista. Tamén reabrirá a Oficina de Atención ás Vítimas, que pasará a ser de titularidade municipal.

O Consello da Memoria Democrática é o encargado de abordar as actuacións destinadas á recuperación da memoria histórica das vícitmas da Guerra Civil e a Ditadura.

Entre os seus obxectivos, está que a Casa Cornide pase a ser patrimonio público. Para iso, a súa intención é que o edificio sexa declarado Ben de Interese Cultural (BIC) para poder abrilo ao público.

A alcaldesa, Inés Rey, preside o Consello dá Memoria Democrática. CONCELLO DA CORUÑA.
A alcaldesa, Inés Rey, preside o Consello dá Memoria Democrática. CONCELLO DA CORUÑA. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta