A Mesa felicita a Álvaro Queipo (PP) por usar o galego-asturiano na Xunta Xeral

O deputado foi interrompido por Ignacio Blanco (VOX), que afirmou que non entendía "o galego ou 'llingua' ou o que estea a falar, que non sei o que é".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2019 | Actualizada ás 13:18

Comparte esta noticia

A asociación galega A Mesa pola Normalización Lingüística felicitou este xoves ao deputado 'popular' asturiano Álvaro Queipo, natural de Castropol, por usar o galego-asturiano no pleno da Xunta Xeral.

A través de twitter, a principal asociación de defensa do galego, quixo felicitar a Queipo "por usar e defender o uso do galego, na variante oriental propia das Terras do Eo-Navia, no Parlamento de Asturias", indicaron nun tweet escrito en galego normativo cos hashtags #EnGalegoTemosDereito #OficialidadeXa.

Queipo usou este mércores o galego-asturiano na súa intervención na Xunta Xeral para presentar unha proposición non de lei para a denominación da Ría do Eo, pero interrompeuno o deputado de Vox Ignacio Blanco, que afirmou que non entendía o galego "ou 'llingua' ou o que estea a falar, que non sei o que é".

Ante a queixa, o presidente da Xunta, Marcelino Marcos, lembrou que o regulamento permite aos deputados usar as linguas propias de Asturias, pero pediu a Queipo que se dirixise aos deputados "de maneira que todos poidan entendelo". Queipo pasou a usar o castelán, no momento que lembrou a Blanco que non falara en galego, senón en galego-asturiano, "que é outra lingua".

PP de Asturias
PP de Asturias

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta