O PP proporá no pleno da Coruña unha estratexia contra o cambio climático

Mato explicou que A Coruña, como cidade costeira, debe "vixiar especialmente" os efectos da subida do nivel de mar.

Por E.P. | A CORUÑA | 28/11/2019 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

O PP proporá á corporación municipal da Coruña, no pleno ordinario que se celebrará a próxima semana, a elaboración e aprobación dunha nova estratexia municipal de cambio climático, segundo informou a portavoz municipal, Beatriz Mato.

Farao a través dunha moción xa que, para Beatriz Mato, á vista de todos os informes e os datos publicados, é "necesario e urxente" que cada administración, no ámbito das súas competencias, poña en marcha medidas que palien e permitan loitar contra os efectos derivados do cambio climático.

"De continuar por esta senda, as nosas xeracións futuras deberán facer fronte a unha maior tensión hídrica, fenómenos meteorolóxicos adversos e alteración dos ecosistemas, entre outros problemas", expuxo.

Mato explicou tamén que A Coruña, como cidade costeira, debe "vixiar especialmente" os efectos da subida do nivel de mar, dado que, segundo apuntou, de seguir así, haberá zonas da cidade que poderían correr o perigo de "desaparecer", segundo advertiu.

Ademais, subliñou que será importante que esta estratexia se dote presupostariamente, aínda que para iso deberiamos ser unha cidade con orzamento aprobado, "algo que non parece que vaia a suceder polo momento", lamentou.

28 11 2019 Np+2 Fotos Moción Cambio Climático. PP AYTO. A Coruña
28 11 2019 Np+2 Fotos Moción Cambio Climático. PP AYTO. A Coruña | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 alexandre magno

a mellor estratexia e non votar o pepeiro!!!

1 alexandre magno

a mellor estratexia e non votar o pepeiro!!!