Falece Elvira Vieira Rodríguez, nai do presidente do Parlamento de Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2019 | Actualizada ás 15:32

Comparte esta noticia

Dona Elvira Vieira Rodríguez, nai do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices Vieira, faleceu este venres na localidade de Vigo.

O Tanatorio Vigo Memorial (salga número 6) acolle este sábado o velorio da falecida. Ademais, o domingo ás 12,00 horas celebrarase a liturxia e posterior cremación nestas instalacións.

Pola súa banda, o funeral terá lugar pola tarde, ás 16,30 horas na Igrexa Parroquial de Bande (Ourense). O Parlamento de Galicia informou de que o titular do Lexislativo galego suspendeu a súa axenda.

Miguel Santalices. EP
Miguel Santalices. EP | Fonte: PARLAMENTO DE GALICIA - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta