Podemos Galicia alerta "das ideoloxías fascistas" que marxinan ás persoas con discapacidade

A formación morada destaca a "necesidade de empoderar" ás persoasdeste colectivo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2019 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

Podemos Galicia destacou, con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se celebra este martes, a "necesidade de empoderar" a este colectivo para así "acabar coa súa discriminación".

A formación morada afirmou nun comunicado que "as persoas discapacitadas seguen sendo en Galicia uno dos grupos que padecen maiores dificultades para gozar dunha integración social efectiva" e que é necesario "seguir traballando por un mundo inclusivo" mediante a "defensa de accións lexislativas e políticas".

"Problemas para o acceso á información, dificultades de comunicación, de mobilidade, falta de atención á dependencia, recortes en rehabilitación e medios técnicos, incumprimento de normativas como a Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade ou falta de vontade política para realizar un ordenamento urbano accesible, son algúns dos obstáculos cos que se enfronta este colectivo cada día", sinalou a portavoz de Diversidade de Podemos Galicia, María José Rodríguez.

AS "IDEOLOXÍAS FASCISTAS", UN "PERIGO"

Podemos Galicia lembrou tamén que foron eles quen "lograron que persoas con problemas de mobilidade e xordeira puidesen chegar a ser representantes institucionais" pero que é "necesario seguir avanzando para que sexa normal atopar a persoas con discapacidade en postos relevantes".

O partido mencionou tamén a decisión dunha "formación de ultradereita" --en referencia a Vox-- de votar nas Cortes Valencianas en contra de recoñecer a xordocegueira como unha discapacidade única, ao que engadiu o "perigo" que supoñen "as ideoloxías fascistas e supremacistas" que conducen á "marxinación das persoas con discapacidade".

Persoas con discapacidade fórmanse en ofimática en Moaña (Pontevedra)
Persoas con discapacidade fórmanse en ofimática en Moaña (Pontevedra)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sentidiño

As ideoloxías fascistas, un perigo. O control das comunicacións pola policía SEN autorización xudicial unha necesidade apoiada por Podemos e xustificada polo coruñés (que galego pouco) Antonio Gómez Reino.

1 Ervás

"Problemas para o acceso á información, dificultades de comunicación..."... Efectivamente, por iso non votastes en contra da nova lei mordaza dixital? Os ministerios non se regalan, verdade Yoli??