Feridas tres persoas nun choque múltiple de cinco vehículos en Santiago

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2019 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas por mor dunha colisión entre cinco vehículos en Santiago de Compostela preto das 13,30 horas da tarde deste domingo.

Foi a esa hora cando o 112-Galicia activou un operativo tras varias chamadas de particulares que informaban dun choque entre tres coches e dúas motos á altura da estación de autobuses da capital galega.

Deseguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos profesionais sanitarios do que sucedera para que se desprazasen ata a zona e asistisen ao tres persoas, que sufriran diversas lesións a causa do impacto. Ao lugar, tamén se desprazaron os axentes da Policía Local para poder coñecer os detalles desta colisión, segundo puido confirma o 112-Galicia nun comunicado.

CICLISTA FERIDO

Por outra banda, tamén ao redor das 13,30 horas, un ciclista tivo que ser atendido no municipio pontevedrés de Valga despois de que un turismo o levara por diante na PO-548, en Cordeiro.

Ata a zona trasladáronse os servizos sanitarios, os membros de GES da localidade e os axentes da Policía Local.

Imaxe dun sinistro no accidente de tráfico
Imaxe dun sinistro no accidente de tráfico | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta