A Seguridade Social envía os informes de vida laboral e bases de cotización a 1,2 millóns de galegos

Os datos abarcarán tanto o 2017 coma o 2018.

Por E.P. | CORUÑA, A | 02/12/2019 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

A Tesouraría Xeral da Seguridade Social está a enviar os informes de vida laboral e bases de cotización aos traballadores e traballadoras que estiveron algún día de alta na Seguridade Social nos anos 2017 ou 2018.

No caso de Galicia vanse a enviar 1.204.418 comunicacións, segundo informa a Delegación do Goberno. No conxunto de España, van recibir o seu informe de vida laboral e bases de cotización 22,5 millóns de traballadores e traballadoras.

Do mesmo xeito que en campañas anteriores, os informes remitiranse en papel ao domicilio do traballador se non consta na base de datos da Seguridade Social o seu teléfono móbil e o resto recibirá unha mensaxe por SMS informándolle de que o teñen dispoñible na sede electrónica da Seguridade Social. No caso de Galicia vanse enviar 877.982 SMS e 326.436 cartas.

A campaña anual de informes de vida laboral faise, ano tras ano, entre 2011 e 2017 con información relativa ao exercicio anterior, pero non levou a cabo en 2018. Por este motivo, nesta ocasión o informe de vida laboral e bases de cotización abarca tanto 2017 como 2018. A Seguridade Social lembra aos traballadores a necesidade de comprobar que os datos da súa vida laboral e bases de cotización se corresponden cos períodos en que cotizaron e polas bases que o fixeron.

Estes datos, segundo inciden desde a Delegación do Goberno, "son fundamentais á hora de recibir prestacións como, por exemplo, é o caso das pensións de xubilación ou outras prestacións como maternidade ou paternidade".

Seguridade Social, Ministerio de Emprego. EUROPA PRESS - Arquivo
Seguridade Social, Ministerio de Emprego. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta