A Xunta e a Fiscalía analizan o funcionamento das oficinas de atención ás vítimas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2019 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfondo Rueda, e o fiscal superior de Galicia, Fernando Suances, abordaron o estado e funcionamento das oficinas de atención ás vítimas, reforzadas recentemente coa incorporación de traballadores sociais.

En concreto, estes profesionais sumáronse aos psicólogos e funcionarios da Administración de Xustiza que xa traballaban neste servizo, conforme lembrou a Administración autonómica nun comunicado.

Na reunión da Comisión mixta mantida este luns, o vicepresidente da Xunta e o fiscal superior de Galicia estudaron asuntos como as súas funcións e vantaxes. "Esta é unha vía de diálogo aberta de forma permanente entre os axentes implicados no funcionamento destes recursos para ir acometendo, se é necesario, as melloras necesarias para que as oficinas de atención a vítimas alcancen un rendemento óptimo", indicou a Xunta.

FISCALÍA DIXITAL

No encontro, a Xunta e a Fiscalía tamén abordaron a implantación da Fiscalía Dixital, que promove a utilización das canles electrónicas na relación do ministerio público cos órganos xudiciais e incorpora, ademais, o uso da firma electrónica.

A Administración autonómica explicou que, actualmente, o sistema está dispoñible en todas as provincias e fiscalías galegas, que o están habilitando de forma progresiva segundo as súas necesidades organizativas.

Comisión mixta entre a Fiscalía e a Xunta de Galicia
Comisión mixta entre a Fiscalía e a Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta