Un mapa identifica máis de 2.000 recursos enogastronómicos galegos

A Xunta pon en marcha o denominado 'Mapa de valor da enogastronomía de Galicia'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2019 | Actualizada ás 20:39

Comparte esta noticia

A Xunta pon en marcha o denominado 'Mapa de valor da enogastronomía de Galicia', un documento que identifica máis de 2.000 recursos na comunidade galega.

Mapa enogastronómico presentado por Román Rodríguez
Mapa enogastronómico presentado por Román Rodríguez | Fonte: Xunta.

É, segundo explica a Consellería de Turismo, unha das medidas que inclúe a estratexia 'Galicia Sabe' para potenciar Galicia como destino enogastronómico "de primeiro nivel".

Foi presentado polo conselleiro, Román Rodríguez, xunto coa directora da Axencia Turismo de Galicia. Segundo Rodríguez, este proxecto permitirá detectar e priorizar destinos cun "alto valor enogastronómico", pór en marcha novos produtos turísticos a medio e longo prazo e coñecer "mellor" os recursos galegos para "optimizar" o traballo neste sector.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta