Un acusado de abusos á sobriña da parella nega os feitos e alega que nunca estiveron a soas

A vítima asegura que o que era parella da súa tía tentou abusar dela cando estaban a ver unha película.

Por E.P. | A CORUÑA | 03/12/2019 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

Un home acusado de abuso e intento de agresión sexual á sobriña da súa parella no ano 2005 negou os feitos no xuízo e alegou que nunca estivo a soas coa menor.

A Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña acolleu este martes a primeira das sesións contra este home que senta no banco por uns feitos que se produciron cando a nena tiña oito anos. O Ministerio Público solicita para o presunto autor unhas penas que suman 19 anos de cárcere.

A causa, procedente dun xulgado de instrución de Betanzos, remóntase ao verán do ano 2005, cando o procesado se atopaba no salón do seu domicilio, situado en partido xudicial de Betanzos, en compañía da vítima que entón só tiña 8 anos de idade.

"Cando, coa intención de satisfacer os seus máis reprobables instintos sexuais e aproveitando a ausencia da súa parella sentimental, tía da menor, fíxoa obxecto de toda sorte de tocamentos", sinala Fiscalía no seu escrito de cualificación provisional.

Ao día seguinte, a menor entrou na habitación do procesado mentres durmía, "momento en que este espertou e, novamente guiado polo ánimo de atentar contra a súa liberdade sexual, abalanzóuselle e tratou de penetrala, sen conseguilo. A nai da menor denunciou estes feitos en maio de 2014 tras confesarlle a súa filla o que sucedera.

A VÍTIMA

Na sesión, a vítima asegurou que todo ocorreu cando ela e o acusado estaban a ver unha película. Segundo indicou, no momento que saíu unha escena de sexo, o presunto autor "tento abusar" dela realizándolle tocamentos e obrigándoa a masturbarlo.

A Acusación Particular pide para o acusado 10 meses máis de cárcere polo delito de exhibicionismo e provocación sexual. E faino argumentado que o home, entre os anos 2013 e 2014, mostraría imaxes de contido sexual no computador á outra sobriña da súa parella, irmá da vítima. O xuízo continuará este mércores na Audiencia Provincial da Coruña.

Audiencia Provincial da Coruña.
Audiencia Provincial da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta