Conde culpa o Goberno da "situación de emerxencia" das electrointensivas

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria pide "certezas" para as empresas do sector. Ferroatlántica, pola súa banda, avanza mobilizacións en defensa dunha tarifa eléctrica competitiva.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2019 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mostrouse "decepcionado" coa política enerxética e as decisións do Goberno central, que están xerado "situacións de emerxencia" no sector das electrointensivas tras levar "máis dun ano" de espera por un prezo de enerxía "que as faga competitivas".

"Nós o que lle pedimos ao Executivo son certezas desde o punto de vista das empresas electrointensivas, onde a nova poxa de interrumpibilidade vai supor unha redución do 40% destes ingresos e ten que ter outro tipo de medidas de acompañamento noutros tipos de instrumentos, como poden ser os mecanismos de CO2 ou outras propostas que lles trasladamos desde a Xunta ao Goberno e que nestes momentos non teñen resposta".

Neste sentido, a decisión que trasladou o Goberno no Boletín Oficial do Estado (BOE) significa "un paso máis" para que Alcoa San Cibrao "peche" e que outras empresas, "como pode ser Ferroatlántica Sabón", entren "en enormes dificultades para manter a carga de traballo e, por iso, o emprego".

"As empresas electrointensivas necesitan esas certezas, necesitan saber cal vai ser a planificación desde o punto de vista eléctrico para o ano 2020 e neste momento o único que temos é unha decisión que o que fai é seguir reducindo os recursos ás empresas de necesidade electrointensiva".

Por último, Conde advertiu que a industria "non pode esperar" e, "desgraciadamente, nestes momentos o Goberno non ten axenda industrial". "Ten unha política enerxética que está a penalizar este tipo de empresas. Por iso o que esperamos é que haxa unha rectificación inmediata, porque os postos de traballo corren perigo, un claro risco de poder manterse nestes momentos".

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, en declaracións aos medios.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, en declaracións aos medios.

FERROATLÁNTICA

O comité de empresa de Ferroatlántica critica o Goberno central polo recorte da poxa de interrumpibilidade e avanza mobilizacións en defensa dos postos de traballo e en favor dunha tarifa eléctrica competitiva.

Nun comunicado, reproba que supón un 60% menos con respecto á última poxa, á vez que mostra a súa preocupación "en especial" pola desaparición dos bloques de 40 megawatts, "que afectan os grandes consumidores" como é o caso de Ferroatlántica.

Así mesmo, esixe ao Goberno central que "cumpra" o comprometido e "aprobe de forma inmediata un estatuto para o consumidor electrointensivo", nun decreto "establecía un prazo de seis meses e vai pasar un ano" e "séguese sen estatuto".

"Este novo escenario imposibilítanos competir con outros países europeos como Francia, Alemaña ou Noruega, os cales gozan de tarifas moito máis beneficiosas para a industria electrointensiva", lamentan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta