A Xunta, ao PSdeG: "Piden vías de alta capacidade e non saben arranxar fochancas"

A titular de Infraestruturas foi preguntada polo deputado socialista José Manuel Perez Seco sobre as actuacións previstas para finalizar a denominada VAP Costa Norte.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2019 | Actualizada ás 18:37

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, afeou ao Partido Socialista que pida "vías de alta capacidade" en Galicia cando os seus cargos "non saben arranxar fochancas" como os que hai "en Lugo", "en Ferrol" ou no "periférico de Santiago de Compostela".

Así se pronunciou a titular de Infraestruturas ao ser pregunta polo deputado socialista José Manuel Perez Seco sobre as actuacións previstas para finalizar a denominada VAP Costa Norte. "Deixe de enganar os veciños e póñase a traballar na construción dos tramos pendentes", pediulle o parlamentario.

"Aí están as 'fochancas' de Lugo, de Ferrol, do periférico de Santiago, non saben arranxar 'fochancas' e piden vías de alta capacidade", censurou a conselleira, que acusou aos socialistas de quitar, nas súas emendas, "28 millóns" da partida de conservación de estradas.

Ademais, despois de que o socialista lle esixise información sobre os prazos da VAP Costa Norte para os veciños das comarcas de Ortegal e A Mariña, a conselleria replicou censurando o "compromiso" do presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, con esta zona para "acabar con Endesa e Alcoa".

Todo iso nunha intervención na que a titular de Infraestruturas e Mobilidade destacou que, "en plena crise", a Xunta incrementou "nun 70% as vías de altas prestacións".

Ethel Vázquez. XUNTA
Ethel Vázquez. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta