Na busca de xoguetes para menores en risco de exclusión neste Nadal

Aquelas persoas interesadas en colaborar na campaña poden deixar as súas achegas nas oficinas de Fundación Amigos de Galicia en Santiago, na Avenida de Lugo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2019 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

A Fundación Amigos de Galicia porá en marcha este ano, unha vez máis, a campaña 'Este Nadal, comparte ilusión', coa que entregará 2.615 xoguetes novos a menores en risco de exclusión social de toda Galicia.

Ademais, nestas datas a entidade tamén entregará produtos alimenticios especiais entre as familias en risco de exclusión social que atende, como chocolate para os máis pequenos, turróns ou outros doces do Nadal.

O sábado, día 30, a Fundación organizou unha campaña de recollida de produtos do Nadal no supermercado Gadis de Montero Ríos, en Santiago de Compostela, que contou "con moi boa participación" por parte dos clientes, destacaron.

Co obxectivo de entregar xoguetes aos nenos, a Fundación habilitou unha campaña de recollida deste tipo de produtos, na que espera contar coa colaboración de particulares, empresas, asociacións e xoguetarías. Aquelas persoas interesadas en colaborar poden deixar as súas achegas nas oficinas de Fundación Amigos de Galicia en Santiago, na Avenida de Lugo.

A asociación destacou a importancia de que se trate de xoguetes novos para "evitar a exclusión social" e que os nenos de familias desfavorecidas poidan ter agasallos en igualdade de condicións.

Xoguetes na cooperativa Luscofusco
Xoguetes na cooperativa Luscofusco

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta