Tres feridos en Lalín nunha colisión entre dous turismos

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2019 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas este mércores en Lalín despois de chocar dous turismos que circulaban pola N-525, á altura da gasolineira de Bendoiro, segundo informa o 112.

Sobre as 17,30 horas, o 112 pasou aviso aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local. Así mesmo, informou os feitos aos Bombeiros do Deza, ao GES de Lalín e ao persoal do servizo de mantemento da estrada.

Os profesionais do 061, que xa tiñan constancia do suceso, encargáronse da evacuación dos feridos.

Tramo da estrada OU-504
Tramo da estrada OU-504 | Fonte: Google Maps

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta