Julio Abalde repite como reitor da UDC co 70,15% dos votos

"Isto é unha vitoria colectiva, dun modelo de universidade", asegura tras coñecerse o resultado.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 04/12/2019 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

O catedrático de Microbioloxía Julio Abalde repetirá como reitor da Universidade da Coruña (UDC) tras as eleccións celebradas este mércores pola institución académica, segundo informou o secretario xeral, Carlos Aymerich, ao termo da xornada.

Cos resultados do voto ponderado, Julio Abalde obtivo un total de 3.197 votos fronte aos 1.429 do outro candidato, o catedrático de Enxeñaría da Construción, Fernando Martínez Abella, o que supón un respaldo do 70,15% para a primeira fronte ao 29,85% do segundo.

Tras os resultados, Abalde --que asumirá o seu segundo e último mandato-- agradeceu o apoio recibido e, en especial, aos compañeiros de Nova Luce e do seu equipo de goberno polo traballo desenvolvido neste catro anos. "Esta é unha vitoria colectiva, dun modelo de universidade e dun goberno transparente e aberto, que propicia o debate", expuxo ante os medios de comunicación tras coñecerse os resultados.

Tamén destacou o "ton construtivo" do seu opoñente, ao que convidou a seguir facendo propostas para conseguir "o mellor para a UDC". "Espero contar co teu apoio leal polo ben da universidade", engadiu nunha intervención na que apelou a pór ás persoas "no centro".

Entre as súas prioridades, fixou a defensa do ensino público; melloras as condicións laborais dos traballadores da UDC e prestar atención ao estudiantado, en especial aos que teñen problemas económicos. Tamén aludiu á loita pola igualdade e o cambio climático. "Os próximos catro anos suporán un tempo de definición do marco futuro no que se desenvolverán as universidades", expuxo tamén ante os retos aos que se enfronta a UDC.

RESULTADOS

Entre os profesores doutores con vinculación permanente, Abalde obtivo 1.569 votos fronte a 790 de Martínez Abella, cun total de 55 votos en branco; mentres que entre o persoal docente e investigador, o primeiro obtivo 438 votos fronte aos 117 de Martínez Abella, con 21 votos en branco.

No caso dos estudantes, Abalde obtivo 905 votos fronte aos 391 de Abella, con 16 votos en branco. En canto ao persoal de administración e servizos, o primeiro obtivo 285 votos fronte aos 131 do seu opoñente con 54 votos en branco. A participación en total ascendeu a un 26,16%.

VOTO ELECTRÓNICO

A estas eleccións, foron convocadas un total de 18.245 persoas da comunidade universitaria (profesorado, estudantes e persoal de administración e servizos). A elección do reitor foi por sufraxio universal e a través do voto electrónico, un sistema que se implantou nesta universidade no ano 2011. O horario de votación permaneceu aberto de 10,00 a 19,00 horas.

O voto foi ponderado de acordo ás seguintes porcentaxes: 51% correspondente ao sector de profesorado doutor con vinculación permanente; o 12%, categorías de persoal docente invetigador; 28%, estudiantado e 9%, persoal de administración e servizos.

As votacións efectuáronse a través da plataforma e-voto, dispoñible para as tres universidades galegas e que conta co apoio da Xunta de Galicia como unha das iniciativas de impulso da administración electrónica.

O reitor da UDC, Xullo Abalde, reelixido no cargo. UNIVERSIDADE DA CORUÑA
O reitor da UDC, Xullo Abalde, reelixido no cargo. UNIVERSIDADE DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta