EU anuncia xa a súa lista para as galegas sen agardar a que se decida unha confluencia con Podemos ou Anova

A actual líder do partido en Galicia, Eva Solla, será a candidata cunha lista na que as cabeza de cartel son mulleres.

Por Galicia Confidencial | | 05/12/2019 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

A coordinadora nacional de Esquerda Unida (EU), Eva Solla, presentou este xoves a candidatura da formación para as eleccións autonómicas previstas para 2020, unha candidatura “preparada para presentarse exista ou non exista confluencia con Podemos e Anova”, afirmou.

Candidatura de Esquerda Unida (EU) ás eleccións galegas, encabezada por Eva Solla
Candidatura de Esquerda Unida (EU) ás eleccións galegas, encabezada por Eva Solla | Fonte: EFE

“Estamos convencidas de que a unidade dentro da esquerda rupturista é, probablemente, o único camiño para trasladar unha alternativa forte e imos sentarnos a falar para constituír unha candidatura de confluencia, pero a nosa organización ten que facer o seu traballo e os seus deberes”, apuntou Solla en rolda de prensa.

Neste sentido, a líder de EU lembrou que en todos os procesos anteriores fíxose un chamamento aos partidos cos que traballa, “especificamente Podemos e Anova”, que nas pasadas eleccións xerais só se conseguiu con Podemos a través de En Común e que a formación “mantén como principio a capacidade de confluencia”.

Aínda que “cada organización decide o que considera” e unha parte do traballo “estivo centrado nas eleccións xerais e agora na formación de Goberno”, Solla apelou á responsabilidade dos demais partidos para entender a relevancia da conxuntura na que nos atopamos.

“Entendemos que temos a posibilidade de que, dunha vez por todas, evitar que se sigan aplicando políticas contra a maioría social despois de dez anos de recortes en Galicia que deixaron medio millón de persoas pobres e destruíron os principais sectores, por iso entendiamos que era importante asumir este proceso con responsabilidade e empezar a traballar con tempo”, proseguiu.

Deste xeito, Eva Solla, candidata de EU á presidencia da Xunta de Galicia, presentou os catro primeiros postos das listas por cada provincia, con Vanesa Somoza por Lugo; Loreto Taibo, pola Coruña; Sofía Díaz Gómez, por Ourense, e Ronsel Miller, por Pontevedra.

MULLERES

Consideramos un elemento importante que todas as candidaturas provinciais estivesen encabezadas por mulleres”, explicou Solla, quen destacou “o elemento feminista” das listas, así como que estas aúnan “mocidade e experiencia, con compañeiros que xa ocuparon cargos públicos ou cargos internos dentro de EU”.

Esta candidatura, denominada “A esquerda con forza”, será ratificada o próximo 14 de decembro polo máximo órgano de EU, a Coordinadora Nacional, aínda que Solla apuntou que “é importante adiantala para trasladar que esta organización está perfectamente preparada para facer fronte á dereita”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Gamela

Cando os partidos convírtense en centros de colocación... https://cabozo.com/taboext.php?grup...

2 Pans e Peixes

¿Pero ainda queda alguén que dubide en que van ter lista propia o BNG, Causa Galiza, PODEMOS, ANOVA, MAREAS, Esquerda Unida, CxG e o PACMA?

1 Zaraustra falador

Ollade como trepan estes áxiles monos, saltan uns por cima dos outros para tentar chegar ao trono,. Danse prisa para tratar de apañar carguiño, Témome que non vai haber cadeiras para todos.Ea vai quedar sen a mamandurria de 9.000 euros, vai ter que volver ás listaxes de substitucións do SERGAS.

1 Roxalia

Cobra moito máis a Pontona sen facer nin a metade. O problema da vosa lideresa é que non ten a onde volver se queda sen cadeira porque nunca traballou en nada, coma o resto da dirección do BNG.

2 Xanperican

A Pontona como di vostede non chega a 6.000€, e que a dirección nunca traballou en nada é outra falsidade. Hai estibadores, funcionarios de diversos ramos como sanitario ou profesores, teleoperadores, autonomos.