A Deputación de Pontevedra lanza unha campaña que reivindica un Nadal con xoguetes sen estereotipos de xénero

Pretende fomentar que as novas xeracións crezan xogando "de forma igualitaria, inclusiva e respectuosa da diversidade, e ademais de forma non violenta".

Por E.P. | Pontevedra | 05/12/2019 | Actualizada ás 16:02

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou este xoves a campaña 'Este Nadal, xoguetes sen estereotipos de xénero' coa que se pretende "romper o muro dos prexuízos" para fomentar que as novas xeracións crezan xogando "de forma igualitaria, inclusiva e respectuosa da diversidade, e ademais de forma non violenta".

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, co director do centro Príncipe Felipe
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, co director do centro Príncipe Felipe | Fonte: Deputación de Pontevedra.

Carmela Silva subliñou que "os xoguetes e os xogos non teñen xénero". Para a presidenta provincial, "hai unha clara irresponsabilidade social en non tomar en serio o que ten que ver co mundo do xogo e do xoguete".

Ademais da difusión en medios, a campaña estará presente en mupis e decoraranse con vinilos dous autobuses urbanos en Vigo.

NOVO DIRECTOR DON CENTRO PRÍNCIPE FELIPE

A presidenta da Deputación de Pontevedra presentou tamén a Manuel García Cendón como novo director do Centro Príncipe Felipe, unha institución de carácter educativo e social concibida para acoller e formar aqueles nenos e mozos en situación de risco ou exclusión social. Na actualidade este centro presta servizos sociais nas áreas de mocidade, familia, atención ao maior e muller.

Para a presidenta, que enxalzou a traxectoria formativa e profesional do novo directivo na súa presentación, "o Príncipe Felipe vai estar nas mellores mans", xa que García Cendón ten "unha gran traxectoria e un compromiso coa educación, sobre todo das nenas e dos nenos máis vulnerables".

Carmela Silva tamén explicou o procedemento de libre designación do novo director de Príncipe Felipe, con "requirimentos moi rigorosos e serios para poder participar".

Para García Cendón o cargo de director de Príncipe Felipe supón "un reto profesional que me motiva moitísimo, xa que hai moitas cousas que se poden facer alí". Entre estas cuestións, o novo director mencionou a necesidade de darlle un impulso social, "porque non creo que haxa un centro similar tan grande en toda Galicia", e enxalzou o papel socioeducativo e o servizo público que presta ás persoas máis vulnerables.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Se non fose unha cínica compulsiva revisaría o catálogo de regalos do Corte Inglés e entendería que os xoguetes teñen xénero e dúas cores (rosa e azul) ? Aínda non entendemos por que o carril bici que financia a Deputación en Vigo desaparece ao pasar pola porta do Corte Inglés (?) Curioso xeito de favorecer aos grandes do capital... !