O BNG denuncia na Eurocámara "a precariedade laboral" das enfermeiras

Ana Miranda organiza unhas xornadas nas que o colectivo 'Enfermeiras eventuais en loita' manterá un encontro coa vicepresidenta da Comisión de Peticións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/12/2019 | Actualizada ás 17:34

Comparte esta noticia

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, organizará este mércores e xoves unhas xornadas de traballo no Parlamento europeo sobre "a precariedade laboral" na profesión de enfermaría, na que se denunciará a "fraude de lei" da "sucesión de contratos eventuais" realizado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

En concreto, Miranda asegura que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) denunciou ao Estado español pola súa "excesiva temporalidade" na contratación pública entre estes profesionais.

Neste contexto, a nacionalista afirma que esta modalidade "é contraria ao dereito da Unión Europea", xa que o uso destes contratos "só pode estar xustificado para atender necesidades temporais, algo que non cumpre o Goberno do PP a través do Sergas".

Así, nestas xornadas da Eurocámara, o colectivo 'Enfermeiras eventuais en loita' manterá un encontro coa vicepresidenta da Comisión de Peticións, a letona Tatjana Zdanoka, para explicarlle a situación "de precariedade" que viven. Ademais, reunirase coa Alianza de Saúde Pública Europea e coa Federación Europea de Asociacións de Enfermeiras.

Un grupo de Enfermeiras Eventuais en Loita
Un grupo de Enfermeiras Eventuais en Loita | Fonte: Facebook Enfermeiras Eventuais en Loita

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta