A Xunta realiza un simulacro para revisar o plan de emerxencias de Cepsa en Maside

Terá lugar o luns e non afectará a actividade normal da veciñanza.

Por E.P. | OURENSE | 07/12/2019 | Actualizada ás 18:52

Comparte esta noticia

A Xunta ten previsto realizar este luns un novo exercicio de adestramento do plan de emerxencias exterior (PEE) da planta de Cepsa en Maside.

Segundo informa a Delegación do Goberno galego na provincia, trátase dun simulacro que consistirá en activar de forma telemática ou presencial as sirenas para que a poboación do municipio se familiarice co seu son en caso de accidente.

Ademais deste sinal acústico e da presenza dos servizos de emerxencia e seguridade na zona próxima da planta de Cepsa, a actividade da veciñanza de Maside "non se verá afectada en absoluto e poderán continuar coa súa rutina", garante a Xunta.

Planta de Cepsa en Maside (Ourense)
Planta de Cepsa en Maside (Ourense) | Fonte: Flickr

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta