“O BNG sempre foi soberanista, non fai falla que agora nos digan o que temos que ser”

A decisión da Executiva do BNG de non acudir á recepción co monarca español puido sorprender a determinados medios de comunicación, pero forma parte dunha estratexia. Na coxuntura política actual, o nacionalismo galego non pode quedar relegado a un posto secundario ou “de mera forza rexionalista”, cando o que se debate é o futuro modelo de estado.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/12/2019 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

A decisión da Executiva do BNG de non acudir á recepción oficial co monarca español o vindeiro martes causou certa sopresa entre algúns medios de comunicación, sobre todo, da dereita mediatica, que, ata agora, manteñen unha postura moi morna co Bloque. O acordo chegou pouco despois de coñecerse que a presidenta da Cámara, Marixelt Batet, anunciara o día anterior que a esa recepción non irían nin ERC, nin EH-Bildu, nin as CUP. As tres forzas alegaban que Felipe VI non os reprensenta nin a eles, nin aos seus pobos.

Manifestación do BNG no Día da Patria 2019
Manifestación do BNG no Día da Patria 2019

Na primeira relación de forzas, Batet meteu ao Bloque e mesmo lle fixou unha hora para ver ao monarca. Iso significa que por activa ou por pasiva, o nacionalismo galego non deixou clara as súas intencións ou, cando menos, non dixo que non explícitamente a ese encontro como si fixeron ERC, EH-Bildu e as CUP.

Unha decisión que si adoptou un día despois nunha xuntanza da Executiva na que, segundo as fontes consultadas por GC, houbo debate entre os dirixentes nacionalistas sobre a necesitade ou non de acudir a esa cita co monarca español. Unha parte cría que dar marcha atrás supuña desgastar ao BNG e, especialmente, sometelo ao “foco mediatico” --dos medios da dereita-- ante a proximidade das eleccións galegas cunha mensaxe de "pro cataláns e pro independentistas". Outro grupo, que foi o que finalmente se impuxo, entende que o Bloque non ten nada que demostrar, que ten unha ideoloxía definida e, especialmente, no novo marco político que se abre en Madrid, ten que ter uns socios concretos, e eses teñen que ser os do polo soberanista.

Marta Rosique, deputada de ERC, cunha camisola coa verba 'independencia'
Marta Rosique, deputada de ERC, cunha camisola coa verba 'independencia' | Fonte: EFE

NOVAS ESTRATEXIAS

“O BNG sempre foi soberanista, non fai falla que nos digan o que temos que facer. Non ten nada que demostrar, nin nada que xustificar”, comentan fontes consultadas. ERC, as CUP e EH-Bildu, xunto con outras formacións independentistas e nacionalistas asinaron, xunto co BNG, da Declaración de Lotja de Mar, a favor da liberdade dos presos políticos cataláns e da autodeterminación. E esa declaración, aínda que non ten obrigas políticas, si que ten un carácter e unha finalidade simbólica importante.

Ata agora, as veces que o BNG estivo no Congreso sempre acudira á recepción co monarca español, primeiro sendo Francisco Rodríguez o portavoz do grupo en Madrid e, logo, Francisco Jorquera. Tamén en Marea o fixo cando entrou no Congreso.  Pero a época de Rodríguez e de Jorquera era moi diferente á de agora. Entón non existía ultradereita, nin “presos políticos”, nin os dereitos dos pobos do estado estaban “asoballados”, nin Podemos ía ter tarefas de goberno.

“Non se pode estar na mesma bancada que os rexionalistas. O BNG é moito máis que iso”, indican. Tampouco lle convén agora ao BNG visualizar un pacto co PSOE e Unidas Podemos, cando en Galicia, dentro de ben pouco terán que competir polo mesmo espazo electoral nas eleccións galegas.

SOLIDARIEDADE E MENSAXE COMÚN

Por iso, parte da dirección do BNG, entende que, no novo escenario que se abre en Madrid, non hai que estar cos “partidos do sistema”, senon coas formacións irmáns catalanas e vascas.  “E iso non significa que non loitemos pola axenda galega”. A axenda galega segue sendo prioritaria, pero nesa axenda tampouco se esquecen de temas que tamén comparten con vascos e cataláns: as da autodeterminación e solidariedade entre os pobos.

De feito, ese mesmo sentimento de unidade soberanista foi o que tentou transmitir, sabendo que era foco mediatico en todo o Estado, a deputada máis nova do Congreso, Marta Rosique Saltor, unha moza de 23 anos de ERC. Non tivo ningún apuro en amosar a súa opción da fronte soberanista catalan-vasco-galega cunha camisola negra na que se lía a palabra ‘independencia’, coloreadas cunha ikurriña, unha estelada e a estrelada galega. E ese sentimento, lle guste ou non á dereita mediatica, é o que tamén teñen moitos dos fieis afiliados do BNG, eses que quedaron e que mantiveron o barco do nacionalismo tras os duros momentos da ruptura de Amio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

5 ANDRES

Non podes compararte con Bildu e Esquerra xa que ali teñen apoio social e seguro que gañan votos. O Bng con esa decision consigue espantar ao 90% de pobacion que nunca os votara por que se espantan co Bng!!! Se foras de verdade soberanista enton terias perspicacia e intelixencia e estarias calada , non falarias nin de soberania nin de autodeterminacio enton pode ser que terias posibilidades de chegar ao poder. Un pode ser soberanista e falar co PP, co rei co Psoe e esperar ao momento oportuno para salir do armario. Pero co 7% de votos e por riba case desaparecedes, estades vivos de milagre. E non apredechedes nada do que pasou nin sabedes leer a sociedade Galega!

4 Abraiado

Vaya con la pij de ERC. Camisetas independentistas y barrio 'pijo': así es Marta Rosique, la diputada más joven. Hija de una acaudalada empresaria farmacéutico-alimentaria y de un médico, reside en el barrio barcelonés de Sant Gervasi. https://www.elmundo.es/loc/famosos/...

1 Gamela

tí tranquilo que aquí temos a nosa "pija particular" e que ademáis ten a mala costume de bloquear as contas da cidadanía e preséntase de candidada á Xunta en 2020... http://www.parlamentodegalicia.es/s...

2 Sentidiño

Si, como a Bescansa, herdeira única do monopolio farmacéutico mundial... E, fronte a elas, as caixeiras do alcampo Esperanza Aguirre, Ana Botella, Ayuso, Monasterio,...

3 Xian do Sil

Sentidiño, non fastidies. Pódenche desgustar Aguirre, Bescansa ou Monasterio, pero todas elas tiñan un traballo antes de entrar na política. A de Sant Gervasi non deu golpe na sua regalada vida.

4 urco

Como exemplos do espírito espanhol do esforço podem server. Aguirre, a condessa paladina do ultra-liberalismo e papando do erário público desde hai máis de quarenta anos, e a outra ultra-liberal da Monasterio assinando fraudulentamente projectos como arquitecta sem ter o título. Representarám tanto aos mileruristas mais preocupados pola independência de Catalunha que por chegarem a fim de mês como ao pijerío do bairro de Salamanca. En frente umha rapaza de 23 anos, duas carreiras, 3 idiomas, e com conciência social e nacional.

3 Clarinete

O BNG é soberanista e por iso non os vota nin diola.

2 baixo minho

Totalmente de acordo. O BNG non é un partido rexionalista nin provincionalista. O BNG é un partido nacionalista galego, e como tal defende os intereses do povo galego soberano. Asiante BNG!!!!

1 Menos lobos

Que é o "povo galego soberano"? Os 119.000 votos da U? Non sabedes que Galicia ten case tres millóns de habitantes...

2 urco

E votarom os três milhons. Mesmo os nenés.

1 De Galicia

Al final queda claro que la U y su pantalla llamada BNG no es más que una sucursal de ERC-Bildu