O Club Financeiro da Coruña presenta concurso voluntario de acredores

Por E.P. | A CORUÑA | 09/12/2019 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

O Club Financeiro Atlántico procedeu este luns á presentación da solicitude de concurso voluntario de acredores ante o Xulgado do Mercantil da Coruña, segundo informa. 

Club financeiro da Coruña
Club financeiro da Coruña | Fonte: Club financeiro da Coruña

Nun comunicado, asegura que "as circunstancias que foron concorrendo ao longo das últimas semanas, obrigaron a adoptar tal decisión (...) en cumprimento da normativa vixente e en interese dos intereses da entidade, socios, traballadores e terceiros".

Por outra banda, sinala que unha vez iniciado o procedemento concursal e, a medida que avance a súa tramitación, "proporcionarase información sobre os detalles e a evolución do mesmo", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta