Santiago abrirá un novo concurso público para a escola de música pola "situación de precariedade" actual

Bugallo indicou que "cando teñan as cifras pechadas" dos orzamentos, poderán empezar as conversacións con outros grupos políticos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2019 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago abrirá un novo concurso público para atopar unha empresa que preste servizo á Escola Municipal de Música, posto que a actual está nunha "situación de precariedade".

Así o explicou este luns Xosé Sánchez Bugallo, alcalde da capital galega, nunha rolda de prensa ante os medios. Nela informou de que continuarán co trámite xudicial de solicitude de lesividade das anteriores condicións, que foron iniciadas polo Goberno de Compostela Aberta.

Segundo sinalou o alcalde, a actual empresa leva case dous anos prestando este servizo "sen contrato" e nunha situación na que non cobren os custos, o que leva a que a propia compañía tivese que "pór diñeiro todos os meses". Ante esta situación, o Concello abrirá un novo concurso público para o que realizarán un estudo económico que cubra os gastos que leva, pois senón ninguén quererá cubrir un servizo que de perdas.

Para a convocatoria anterior unicamente se presentou unha empresa, Esproade, diferente á que está a prestar actualmente o servizo, que foi excluída por non incluír a subrogación do persoal. A pesar de que esta condición non está dentro da cláusula, Bugallo defendeu que para eles debería estar presente e decidiron convocar un novo concurso para liquidar todas as trabas mencionadas, o que obrigará "con total seguridade" a indemnizar a Esproade.

ORZAMENTOS

Por outra banda, Bugallo indicou que "cando teñan as cifras pechadas" dos orzamentos, poderán empezar as conversacións con outros grupos políticos. O alcalde subliñou que este asunto está a ser un traballo "máis duro e difícil" do que parecía a primeira ollada e engadiu que "aínda non está maduro".

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. CONCELLO DE SANTIAGO
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. CONCELLO DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta