Mugardos debate este martes a moción de censura que pode levar o PP á alcaldía

Os concelleiros de PP e PSOE buscan sacar do goberno ao grupo de Esquerda Unida.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2019 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

O goberno de Mugardos enfróntase este martes a unha moción de censura exposta polo PP e o PSOE co obxectivo de apartar á actual alcaldesa, Pilar Díaz (EU), a todo o seu equipo do goberno, e que podería elevar ao cargo ao 'popular' Juan Domingo de Deus. O pleno extraordinario está fixado para as 12,00 horas.

A moción foi presentada o pasado 25 de novembro polos cinco concelleiros do Partido Popular e os tres do PSOE, e conta co aval do presidente provincial dos populares, Diego Calvo, que defendeu este paso como necesario para "solucionar os problemas do Concello" e que os veciños "non poden pagar a inestabilidade" do goberno local.

Ao longo dos últimos días déronse declaracións desde a cúpula dos diferentes partidos, pero todo fai presaxiar que a moción vai prosperar. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, apelaba a principios deste mes a "esperar a ver como se desenvolven as xornadas ata o pleno" e que "o máis razoable é que haxa esforzos por parte de todos", para que "a maioría progresista" na corporación permita un goberno local de esquerdas.

Tamén a comezos de mes, a coordinadora nacional de Esquerda Unida (EU), Eva Solla, reclamaba ao PSOE de Mugardos unha rectificación para "non dar á dereita un goberno municipal". Lonxe destas declaracións, segundo fontes consultas por Europa Press, os edís do PSOE continúan coa súa intención de apoiar o PP e logo continuar na oposición, pasando os populares a gobernar en municipio en minoría.

NÚMEROS

O pleno do Concello de Mugardos está composto por 13 concelleiros, do que o PP ten 5, Esquerda Unida conta con catro edís, o PSOE con tres e o BNG cun único representante, situándose este último partido en contra da moción de censura, a través da súa asemblea.

En xuño foi elixida alcaldesa Pilar Díaz co apoio dos edís socialistas, pero hai xa varias semanas a rexedora retirou as competencias ao portavoz do grupo municipal socialista, que abandonaron tras esta decisión o goberno.

No pasado mandato, en xuño de 2015, Juan Domingo Deus foi elixido alcalde, aínda que un ano máis tarde, en agosto de 2016, Pilar Díaz chegaba á Alcaldía deste municipio costeiro da ría de Ferrol tras prosperar unha moción de censura que presentaran Esquerda Unida, Iniciativa Cidadá de Mugardos, partido xa desaparecido, e BNG.

Jorge Suárez, Eva Solla, Carlos Vázquez Portomeñe, líder de ACE, e Pilar Díaz, alcaldesa de Mugardos no acto de EU o 25 de xullo
Jorge Suárez, Eva Solla, Carlos Vázquez Portomeñe, líder de ACE, e Pilar Díaz, alcaldesa de Mugardos no acto de EU o 25 de xullo | Fonte: EU

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 bestarruza

Calquera é mellor que Pilar Díaz e a outra