Galicia, das autonomías que menos frecuenta as bibliotecas

O 87,8% delas teñen acceso a internet e un 73,9% ofrecen wifi, fronte ao 66,6% accesible en liña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2019 | Actualizada ás 12:41

Comparte esta noticia

Galicia é a quinta autonomía con menos usuarios das súas bibliotecas, o 36,8% da poboación, por diante unicamente de Canarias (21,2%), A Rioxa (28,9%), Cantabria (30,7%) e Andalucía (34,3%), segundo os datos que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Por comunidades autónomas, as maiores proporcións de usuarios obsérvanse en Cataluña (71,9% da poboación), Principado de Asturias (62,0%) e Castela e León (54,4%). A media do conxunto estatal, situada no 46,7%, é 9,9 puntos porcentuais superior á cifra galega.

Na comunidade galega, de acordo coa estatística de bibliotecas, había 476 (unidades administrativas) en 2018, que son un 2,06% menos que en 2016 (cando había 486). Por puntos de servizo, a baixada é aínda maior en dous anos, ao contabilizarse 619 en Galicia, fronte a 664, o que representa un descenso do 6,78%.

VISITAS E GASTOS

De media, cada habitante galego acudiu á páxina web dunha biblioteca 7,6 veces, fronte ás 4,2 do conxunto estatal. As visitas en sala arroxan, pola contra, un número inferior en Galicia (3,3) que no conxunto das comunidades (4,2).

Das 476 bibliotecas existentes en 2018 en Galicia, o 87,8% contaban con acceso a internet, o 73,9% ofrecían wifi aos usuarios e o 66,6% eran accesibles en liña. Por último, no apartado de gastos, as bibliotecas galegas investiron case 3,13 millóns de euros en 2018, segundo a estatística do INE.

Biblioteca, libros, lectura. EUROPA PRESS/JCCM - Arquivo / Europa Press
Biblioteca, libros, lectura. EUROPA PRESS/JCCM - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta