O PSdeG alerta do cambio climático e dunha Galicia que se acabe parecendo a Andalucía

O xefe de filas dos socialistas galegos ve á Xunta "sen rumbo claro" para traballar por unha transición ecolóxica xusta e contra o cambio climático,

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2019 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, considerou que o Goberno da Xunta carece de "rumbo claro" para traballar por unha transición ecolóxica xusta, "que defenda o dereito do traballadores pero que aposte tamén por adaptar os modelos produtivos ás novas tendencias".

Con motivo da súa asistencia ao Cume do Clima en Madrid, o xefe de filas dos socialistas galegos denunciou que o Goberno da Xunta "estivo de costas" ao cambio climático "de forma continua". "Feijóo durante moito tempo tivo como asesor en cambio climático a aquel familiar de Rajoy que lle quitaba relevancia a calquera elemento que tiña que ver con algo do que hoxe os galegos somos máis conscientes que nunca", manifestou.

Na súa intervención, advertiu de que esta problemática "pon en risco o modo de vida dos galegos" nas próximas décadas polo que apostou por "traballar por modelos de transición ecolóxica xusta", que permitan unha "produción industrial responsable en base a novas formas enerxéticas".

GALICIA, "EN RISCO REAL"

"A Galicia na que vivimos é unha Galicia que corre un risco real polo escenario de quecemento global, de subida do nivel dos océanos, de caída das precipitacións, de destrución da biodiversidade. Un escenario que pon encima da mesa o risco de que o clima en Galicia cada vez poida parecerse máis ao do Mediterráneo ou ao de Andalucía", subliñou.

Por iso, incidiu na necesidade de apostar por modelos de desenvolvemento sustentable, por transicións ecolóxicas xustas". "Ese New Green Deal é tamén unha oportunidade para Galicia, para adaptarnos ás novas tendencias produtivas e para facelo co impulso de todos", sinalou.

Cambio climático
Cambio climático | Fonte: WWF España

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta