Os médicos pídenlle ao Sergas tres días libres retirados durante a crise, ademais do 24 e 31 de decembro

Di que como os funcionarios da Xunta non traballan en Noiteboa e Noitevella "tampouco debería traballar o persoal facultativo do Sergas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2019 | Actualizada ás 17:13

Comparte esta noticia

A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia (CESM) reclama ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) o tres moscosos autonómicos retirados durante a crise económica, así como o 24 e 31 de decembro.

Para iso, o presidente de CESM, Ramón Barreiro, dirixiu unha carta á directora de Recursos Humanos do Sergas, Margarita Prado, na que solicita a recuperacións dos tres días de libre disposición autonómicos, que "con motivo da crises económica foron retirados polo RD Lei 10/2012", explica.

Ramón Barreiro argumenta que, tras a finalización da crise, "a Xunta de Galicia recuperou parte das pagas extraordinarias e reactivou os días de libre disposición, recuperándose os seis moscosos que fixa o Estado", polo que considera que "non existe ningunha xustificación para negar aos profesionais sanitarios o goce deses tres días de libre disposición de carácter autonómico".

Segundo explica CESM nun comunicado, o presidente de CESM subliña na súa misiva que "eses tres días concedidos pola Xunta, en realidade corresponden a contraprestacións realizadas pola Administración autonómica, debido a varias conxelacións salariais que os profesionais soportaron nas súas nóminas ao longo dos anos".

Este sindicato médico denuncia, por outra banda, o "agravio que sofre o persoal facultativo do Sergas", ao que "se lle impón traballar" os días 24 e 31 de decembro, "obrigación que ningunha norma contempla", matiza CESM, mentres que "no resto das comunidades autónomas de España o persoal estatutario facultativo está exento de traballar os días de Noiteboa e Noitevella".

CESM esgrime, neste sentido, que "en tanto que o Sergas forma parte do SNS o trato xurídico do persoal estatutario debe ser equivalente en todo o territorio nacional". Ademais subliña no seu comunicado, "que o persoal da Administración xeral da Comunidade autónoma de Galicia tampouco traballa os días 24 e 31 de decembro", polo que solicita que "se exima de traballar ao persoal facultativo do Sergas eses días".

Médico nunha consulta... SANITAS
Médico nunha consulta... SANITAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta