Canta presenza ten o mar na historia da literatura galega?

O Consello da Cultura Galega organiza un coloquio ao redor do mar no imaxinario literario este mércores en Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 10/12/2019 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

Os autores Víctor Freixanes, Pemón Bouzas e María Solar participarán este mércores en Pontevedra no coloquio 'A Galicia navegante no imaxinario literario', que analizará a presenza do mar na literatura galega da man do Consello da Cultura.

O encontro terá lugar a partir das 19,30 horas no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e estará coordinado por Dolores Vilavedra.

O coloquio proxéctase ao fío da exposición 'Inventio mundi', que acolle o Museo de Pontevedra ata o próximo 14 de xaneiro, coa que o Consello da Cultura Galega pretende dar a coñecer as repercusións que tivo para Galicia a primeira circunnavegación da Terra, a expedición de Magalhães-Elcano.

Pola súa banda, o vindeiro mércores 18 terá lugar un segundo coloquio, nesta ocasión centrado nos datos e feitos históricos. 'A Galicia navegante na investigación histórica' contará coa participación de Pilar Cagiao, José Manuel Vázquez Lijó e Ángel Rodríguez Lemos, baixo a coordinación de Ofelia Rey Castelao.

Ondas, temporal no mar. EUROPA PRESS - Arquivo
Ondas, temporal no mar. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta